Apicultor e nena xuntos nun colmenar galego

MEL O ABELLEIRO

Procedente dos montes galegos, producida de forma artesanal.

Galicia

Dos montes galegos, sen présa

As nosas colmeas viven entre pedra, fento e árbore vella, no lugar de Santalla, na Pontenova. Traballamos de forma artesanal, respectando o ritmo das abellas e do monte que as alimenta.

País de orixe: España.

Paisaxe galega ilustrada con montes, fraga e colmeas
Colmenar real entre eucaliptos nos montes de Lugo

Os nosos colmenares

Colmeas entre eucaliptos e carballos

Cada asentamento escóllese polo que floreza ao seu redor. As colmeas quedan a resgardo do vento, ao sol da mañá, coa fraga como despensa.

Panorámica das colmeas O Abelleiro baixo os castiñeiros
Ilustración dun colmenar galego entre carballos e eucaliptos
Apicultores no colmenar do eucaliptal

O oficio e o coidado

Traballo real, colmea a colmea

Revisar, afumar con calma, erguer cadros, entender a familia que vive dentro. O oficio non se apura: acompáñase.

Apicultores traballando na fila de colmeas baixo as árbores
Colmeas O Abelleiro no eucaliptal, cos montes galegos ao fondo
Apicultor afumando unha colmea
Apicultores revisando un cadro de mel
Apicultor cun panal nas mans

Da colmea ao bote

  1. 01

    O monte

    Escollemos os asentamentos entre eucalipto, castiñeiro e carballo.

  2. 02

    As abellas

    Coidado e revisión colmea a colmea ao longo do ano.

  3. 03

    A colleita

    Retirada dos cadros no seu punto, sen forzar a colmea.

  4. 04

    O bote

    Extracción en frío e envasado artesanal en botes de 1 kg.

Cadro de mel operculado con abellas

A mel e as abellas

Todo empeza dentro da colmea

Un cadro operculado é o final dun traballo longo. Cando a mel está no seu punto, as abellas séllana. Só entón a recollemos.

Colmea aberta chea de abellas sobre os cadros
Cadro de mel de castiñeiro con abellas e ourizos
Afumador tradicional entre flor de eucalipto

Escolle a túa mel

Dúas meles, dous montes

Formato de 1 kg.

Mel Clara

Mel Clara

Eucalipto, castiñeiro e silva

1 kg
12,00 €
Mel Escura

Mel Escura

Castiñeiro, carballo e silva

1 kg
12,00 €
Cadros de mel no obradoiro, listos para a extracción
Mel a caer no extractor tras o desoperculado

Sinceridade

A nosa mel cristaliza. É boa sinal.

De forma natural toda a mel cristaliza. Para devolvela ao seu estado líquido, quenta o bote ao baño maría a lume suave.

Botes de mel O Abelleiro xunto a unha colmea, un panal e un afumador

Proba unha culler.

Non fai falla máis para saber de onde vén.

Ir á tenda